viernes, 2 de enero de 2009

SOLPOR NA LAGOA DE LOURO


A lenda fala doutra vida acochada no seu seo e da campá que, nas noites da invernía, nos convocan, desde o fondo das augas, a vivos e defuntos da aldea. Un medo delicioso... Unha ledicia tamén nas sombras da memoria de quen aínda non renunciamos á capacidade de asombro dos nenos.

Cando o SOLPOR está a pronunciar esta belísma palabra de luz final, o mellor é calar.

No hay comentarios: