martes, 23 de diciembre de 2008

¡NADAL!



¡NADAL! CÓMPRE VOLTAR Á CASA. SEN REFERENTE DE LAR, NOITE VELLA É TRISTEZA.

jueves, 18 de diciembre de 2008

LUCAS, PULPEIRO MAIOR DO REINO.




Aquí tendes a LUCAS na praia de SAN FRANCISCO (de CHIQUILLO) en plena faena. Dominaba coma ninguén as técnicas de manexar o croque coa esquerda e a sabiduría dos hábitos e costumes do aniñar do polbo.

martes, 16 de diciembre de 2008

miércoles, 19 de noviembre de 2008

LISTADO PUBLICACIÓNS SOBRE LOURO

LISTADO PUBLICACIÓNS SOBRE LOURO

EGU.es

EGU.es

Tradutor « TRABALINGUA

Tradutor « TRABALINGUA

Desde a SINGRADURA DA RELINGA, reposta do Patrón.

___________________

O´Fartura said...

Amigo rioderradeiro:

Para coller a Pedra de Davide tes que ir ao peirao que hai detrás da Fábrica de Calvo.
No peirao de Somorto mirando para o mar tes a túa dereita un monte. É o monte da Canselada. Verás unha caseta para a toma de agua de Marcultura e un pouco máis adiante está a pedra de Davide.
Cando era neno, a esa zona levábame meu avó a pescar coa cana. Esa zona para min ten unha forte carga emocional.
Estar na Pedra de Davide e mirar para o mar a zona de pesca e imaxinar aos bois tirando dos cabos para alar o Artón penso que ten emoción para toda persoa sensible á cultura marítima.
Unha aperta.
_____________________

martes, 18 de noviembre de 2008

YouTube - Broadcast Yourself.

YouTube - Broadcast Yourself.

na SINGRADURA

________________________

RIODERRADEIRO dixo na SINGRADURA:

Fago caso da recomendación de gardar formalmente o misterioso achádego do croio de Davide, atopado, en Punta Uhía, polos veciños de Esteiro, no Concello de Muros.

Soterro, así, aínda un pouco máis o segredo. Pero, xa na nosa mancomunada confianza:

- A pedra de Davide lévoa eu, en plan fetiche, no peto para amosarlla aos merlos.

¡Xeeee..!

_______________________

miércoles, 12 de noviembre de 2008

PEPE BLANCO NO SEU BLOG.

___________________________

RIODERRADEIRO dixo no blog de "JOSÉ BLANCO", o segundo de abordo do PSOE:

- Os meus sentimentos están encontrados: Coma nacionalista galego, veño poñer o ovo no niño alleo e liscar sen amosar a crítica, pois os tempos actuais non semellan os máis indicados. Outro día será.

Coma militante no pensamento da esquerda - sen tratar de saldar para nada as diferenzas ideolóxicas co Pepe Blanco lugués (unha categoría) e sociata -, cando a dereita espoñola extrema trata de se cebar no de Palas, eu ata me solidarizo con el e lle adico un pequeno sorriso pícaro - pero sen me pasar -, de certa simpatía, vamos...

________________________________________

¡¡¡AS ONDA PARA "A COPE"!!!

RIODERRADEIRO súmase en PÚBLICO á protesta da COPE e dos COPEIROS contra a non renovación das licenzas en GIRON e LLEIDA:

Que "la legislación actual en España le dé a un organismo "la sorprendente capacidad de decidir quién sí y quién no puede desarrollar su proyecto empresarial y de comunicación" va mucho más allá de lo razonable en la escala piramidal jerárquica de valores cristiano-católico-apostólico-romanos.

A la COPE, a los obispos y al "agnóstico" Jiménez Losantos nunca se les debe nagar nada de cuanto piden. Y de hacerlo, la desconsideración devendría insufrible discriminación patológica; porque ellos son la mismísima libertad de expresión en pasta y en pastillas.

______________________________________________

lunes, 10 de noviembre de 2008

A PALABRA MATA.

NANOBERNARDO:

Ás veces, a palabra mata os momentos máis íntimos.


___________________________________

viernes, 7 de noviembre de 2008

Real Banda de Gaitas

Real Banda de Gaitas

BICI DE SEGUNDA MAN.

BICI DE SEGUNDA MAN.
________________________

Don im/Perfecto, vostede faime pensar na bici de segunda man que me gañei na pesca do badeixo (no barquiño de meu pai) en Touriñán, en Meixide..., polo amplo mar de Fisterra. Eu era rapaz soñador, ansioso entón de camiñar sobre rodas. Quixen valerme dos propios medios. Agora xa non son quen de concretar con precisión a data. Digamos...que polos anos cincuenta, cando o meu rumbo aínda no fora trazado polas forzas do espírito. E non falo de broma.

Boa pesca, bo tempo aquel, boa compaña. Vacacións de verán que me ensinaron, dentro do que cabe, a valorar o traballo, as durezas do mar e o/s mareo/s.

___________________________________________________

jueves, 6 de noviembre de 2008

PEPIÑO DE TEIS.

_________________
PEPIÑO DE TEIS.
________________

Merecido recoñecemento a un traballo incansable ao fronte da lareira...

Por el pasou unha parte moi sobranceira da historia (oculta) do próximo pasado de Galiza. Xosé González foi cociñeiro antes que frade.

¡Parabéns!

______________________________________

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Obamanía

Obamanía
_____________

Por un tempo, queda aberta a porta da utopía. A OBAMANÍA asentará cátedra na sopa. Imos oír, ver e escoitar a intemerata. Logo virá o de sempre: O abatemento, o traballo, o ter que contar un sempre consigo mesmo e pouco máis...

A prosa da vida continúa.


_________________________________________________

sábado, 1 de noviembre de 2008

Paracuellos

Respostando a un remitente por un correo de propaganda facha contra a LEI DE MEMORIA HISTÓRICA e contra Santiago Carrillo, supostamente implicado (e/ou responsable) na morte de miles de franquistas e doutra outras falcatruadas de mal tono. Texto en boca dun enterrador literato de PARACUELLOS DEL JARAMA(?). Unha xoia da falsidade, a pouco que un repare na forma e no fondo do devandito documento:

- Nada é imposible e non se debe pór a man por ninguén; sen embargo, o texto que sometes á miña consideración - e que eu coñezo desde hai tempo por mo ter mandado noutra ocasión o amigo Marcelo - fáltalle ao respecto ao animal racional que me soporta. Eu convídote a que o analices, non acelerado, senón en punto morto. O contador desta macabra historia (con trasfodo, certamente, real) imita ao narrador omnisciente notario fiel de tódalas batallas habidas e por haber; porque el sabe todo e sempre está oportuno onde as cousas suceden, ata nos pensamentos. O oficio de enterrador, do que se reclama para lle prestar maior verosimilitude ao invento, eu creo que se lle volve en contra. Aquí escribe un impostor lector de libros e rumores.

A min non me parecería mal que Garzón (ou calquera outro xuíz) investigase aquilo que os coarenta anos de franquismo non foron quen de rematar en virtude da caridade cristiá e do perdón que, de principio a final da súa existencia, a historia máis imparcial xustamente lle recoñece. Como é natural, estou a falar do sistema, pois respecto ás persoas que merecen respecto.

Os saúdos cordiais, despois do espiche, non fallan.

Apertas.

lunes, 27 de octubre de 2008

BISOUS

Para bicos os de Sakozy - o rei natural dos franceses-, que destapan a deshora as timideces de Angela Merkel, a primeira ministra alamá, queixosa ela das quenturas do sangue latino que ferve polo corpo do galo.

A protesta diplomática non se fixo esperar, e acaba de entrar polas portas do Elíseo. Sarko, de momento, que un saiba, aínda non dixo nada. Disque anda a requintar os "bisous" e as apertas coa modelo Bruni.

A cousa nen era para tanto. Digo eu.

sábado, 25 de octubre de 2008

refughallos

O SEMEN GALEGO
______________________


-Disque o semen galego é de primeirísima calidade.


-Pois logo sómosche os máis ricos do SEMENterio...


_=======================================================================================____________________________________

ÉNTRANLLE NA CONTA CORRENTE DE S A R K O Z Y .
___________________________________________________


Expertos informáticos entráronlle - todo hai que dicilo, con moito dismulo - na conta corrente do Presidente da República Francesa, NICOLAS SARKOZY, e leváronlle - para que non se notase a sangría - unhas calderillas de nada. Total, que a policía anda, desde o mes de setembro, a pescudar a ver se localizan ao/s artista/s para lles conceder unha cadea ou, se cadra, unha medalla na "Santé de Paris". ¡Quen sabe..!