domingo, 7 de octubre de 2012

Incumprimento.



          Por M. da Roura.

Acórdome moi ben que me dixeches
que mo habías de dar tralo muíño,
Pero quedaches dormida e non viñeches,
porque non te vin pasar polo camino.

E foi tanto o mal que lle fixeches
á miña adoración, ao meu cariño,
que quedei por alí botando pestes,
trala túa ventana aghochadiño

Daquel, mozo, bo mozo, que tiveches,
daquel mozo queredor e tan boíño
no sabes ti aínda o que perdeches:

E porque cho pedín e non mo deches
cando te encontrei soa no camiño,
heiche de dar o apretón que non quixeches.