martes, 19 de mayo de 2009

FRENTE AO MAR.


Ramón Rey García (Moncho do Polo).



( “Quero olvidar ó pé do mar soñado”.(A.González)
_

FRENTE AO MAR.
_______________


Estou aquí parado

frente ao mar, sentado nunha pedra.

Olvídome de ser.

Quero unicamente diluirme,

esvaerme no aire,

ser pura luz, igual que unha gaivota

transfigurada polo vento.

Estou feito de terra, pero penso

que eu son máis ben area,

cousa lixeira e branca que o mar leva

e trae, sube e baixa,

pola auga nadando libremente.

Eu, cando morra, quero,

no abalo e debalo das mareas,

andar na luz perdido,

subir coas escumas a estas pedras,

pousar nesta ribeira;

ou, se cadra, levado polo vento,

voar como as gaivotas

e de novo caer nas augas limpas

deste meu mar que quero.

¡A miña eternidade será a túa,

como nun ceo líquido,

ou, mellor, soño e limbo onde me esqueza!

(Moncho do Polo, 15 – 05 - 03)

viernes, 8 de mayo de 2009

O Sr. Cónsul do Varadoiro:



MARCELO DA RABELA.

Reunido o Xurado Competente para dar o premio de fotografía, acordou outorgar o seguinte fallo:



PAISAXE: Bonita, fóra de serie.



RETRATISTA: Sen poder dicir que é malo, tampouco se pode dicir que é bo.



O RETRETADO:



NA PRIMEIRA FOTO: Cómpre dicir que os hai máis guapos..



NA SEGUNDA FOTO: Cómpre dicir que os hai máis feos.



ESTE E NON OUTRO É O NOSO VEREDICTO.

lunes, 4 de mayo de 2009

sábado, 2 de mayo de 2009

lunes, 27 de abril de 2009

miércoles, 22 de abril de 2009

martes, 14 de abril de 2009

domingo, 12 de abril de 2009

Á porta


da Beira, no Outeiro, en Louro.
_

domingo, 29 de marzo de 2009

En veciñanza,



a pedra e maila poza...

(Praia de San Francisco, Louro-Muros)
_

miércoles, 11 de marzo de 2009

miércoles, 4 de marzo de 2009

Outro punto de vista.


A pedra fala coa linguaxe dos ollos que a ad/miran.
_

viernes, 27 de febrero de 2009

Arte da pedra,


na subida ao Calvario, en Louro-Muros.
_

viernes, 13 de febrero de 2009

Campo de San Roque.


A casa de Pisaso e a da Campusina, detrás e ao fondo; a da escola (de nenos) do Loureiro, más de preto. Parce que, aquí, hai un acontecemento importante, se cadra, unha Misión de cando viñeron predicar os P.P. PASIONISTAS, ¿sobre 1.954-1.955?

miércoles, 11 de febrero de 2009

A puro remo.


Estrames, enriba do viveiro; a poutada, na proa.

lunes, 9 de febrero de 2009

AGUSTÍN GONZÁLEZ LÓPEZ.

NA EIROA.



Petroglifos da LAXE DAS RODAS,descubertos, valorados e difundidos por Don AGUSTÍN GONZÁLEZ LÓPEZ, etnógrafo e poeta, veciño da parroquia de Louro. Él mantiña, xa desde 1.956, a teoría de que se podería tratar dun calendario, e esa mesma tese foi posteriormente aproveitada e desenvolvida por outros expertos coma achádego propio, sen selo.

viernes, 6 de febrero de 2009

COMUÑÓN NO CONVENTO DE LOURO.


A FOTO FOI TOMADA NO ADRO, ENTRE A PORTA DA IGREXA E O PÚLPITO. DEZ NENAS PARA SEIS NENOS: UN DESEQUILIBRIO DE XÉNEROS,¿NON VOS PARECE?