miércoles, 4 de marzo de 2009

Outro punto de vista.


A pedra fala coa linguaxe dos ollos que a ad/miran.
_

viernes, 27 de febrero de 2009

Arte da pedra,


na subida ao Calvario, en Louro-Muros.
_

viernes, 13 de febrero de 2009

Campo de San Roque.


A casa de Pisaso e a da Campusina, detrás e ao fondo; a da escola (de nenos) do Loureiro, más de preto. Parce que, aquí, hai un acontecemento importante, se cadra, unha Misión de cando viñeron predicar os P.P. PASIONISTAS, ¿sobre 1.954-1.955?

miércoles, 11 de febrero de 2009

A puro remo.


Estrames, enriba do viveiro; a poutada, na proa.

lunes, 9 de febrero de 2009

AGUSTÍN GONZÁLEZ LÓPEZ.

NA EIROA.



Petroglifos da LAXE DAS RODAS,descubertos, valorados e difundidos por Don AGUSTÍN GONZÁLEZ LÓPEZ, etnógrafo e poeta, veciño da parroquia de Louro. Él mantiña, xa desde 1.956, a teoría de que se podería tratar dun calendario, e esa mesma tese foi posteriormente aproveitada e desenvolvida por outros expertos coma achádego propio, sen selo.

viernes, 6 de febrero de 2009

COMUÑÓN NO CONVENTO DE LOURO.


A FOTO FOI TOMADA NO ADRO, ENTRE A PORTA DA IGREXA E O PÚLPITO. DEZ NENAS PARA SEIS NENOS: UN DESEQUILIBRIO DE XÉNEROS,¿NON VOS PARECE?

jueves, 5 de febrero de 2009

SABIDURÍA POPULAR


FERNANDO GARCÍA DOMÍNGUEZ, FILLO DE PEPE "O PATARO". ESTAS PEDRAS MAESTRAS TÓCANLLE NA FAMILIA.

CABACEIRA DE "XOANA DO ROUCO", UN MONUMENTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO MÁIS DA CULTURA MATERIAL (SABIDURÍA POPULAR) DA PARROQUIA DE LOURO.

miércoles, 4 de febrero de 2009

AS LEITEIRAS.


XA DE VOLTA DA VILA, POLA MODERNA ESTRADA.

domingo, 1 de febrero de 2009

In memoriam do GHORDO.



Máis que un punto de encontro. Trae causa e linaxe doutros tempos.
_________

lunes, 26 de enero de 2009

O TEMPORAL INAUGURA O PASEO


PASEO MARÍTIMO DE SAN FRANCISCO, EN LOURO.

jueves, 15 de enero de 2009

miércoles, 14 de enero de 2009

DA VIDA EN BRANCO E NEGRO.


NO ADRO DO CONVENTO.

COA MOI QUERIDA MESTRA DONA PETRA LOJO.

DESDE O ALTO DA BOUGA.

DESDE SISIDE.

viernes, 2 de enero de 2009

SOLPOR NA LAGOA DE LOURO


A lenda fala doutra vida acochada no seu seo e da campá que, nas noites da invernía, nos convocan, desde o fondo das augas, a vivos e defuntos da aldea. Un medo delicioso... Unha ledicia tamén nas sombras da memoria de quen aínda non renunciamos á capacidade de asombro dos nenos.

Cando o SOLPOR está a pronunciar esta belísma palabra de luz final, o mellor é calar.

martes, 23 de diciembre de 2008

¡NADAL!



¡NADAL! CÓMPRE VOLTAR Á CASA. SEN REFERENTE DE LAR, NOITE VELLA É TRISTEZA.

jueves, 18 de diciembre de 2008

LUCAS, PULPEIRO MAIOR DO REINO.




Aquí tendes a LUCAS na praia de SAN FRANCISCO (de CHIQUILLO) en plena faena. Dominaba coma ninguén as técnicas de manexar o croque coa esquerda e a sabiduría dos hábitos e costumes do aniñar do polbo.

martes, 16 de diciembre de 2008